OBRADOIROS DE EMPREGO


Logotipo de Obradoiros

Que é un Obradoiro de Emprego?

Podemos definir un Obradoiro de emprego como un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional do alumnado/traballador participante.

Tamén poderíamos definir os obradoiros como programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes, reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou de interese social.

Un exemplo de actividade de utilidade pública ou interese social sería:
Se a formación impartida no obradoiro fose dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 1 como é "Operacións básicas de cociña - HOTR0108", como consecuencia da formación do alumnado/traballador sairía un menú para persoas sen recursos do municipio.
Menús sociais

Por que falamos de alumnado/traballador?

Falamos de alumnado/traballador porque as persoas que participan no obradoiro recibindo unha formación, están contratados mediante un contrato para a formación e a aprendizaxe. Esta modalidade de contratación cando se concerta dentro de obradoiros de emprego ten algunhas particularidades:
  • Non é de aplicación o límite máximo de idade destes contratos, tampouco os tempos de duración mínima e máxima nos mesmos, nin tampouco en canto ao límite e duración das prórrogas.
  • Non interromperán o cómputo de duración total do contrato as situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, maternidade, adopción ou acollemento, risco durante a lactación e paternidade.

Tipos de obradoiros

Na actualidade hai dous tipos de obradoiros de emprego:
  1. Obradoiros de emprego de garantía xuvenil.
  2. Obradoiros duais de emprego.
Ámbalas dúas modalidades de obradoiros teñen requisitos de acceso. Requisitos comúns:

Requisitos de acceso
 Pola contra, cada modalidade de obradoiros ten as súas particularidades:



GARANTÍA XUVENIL
DUAIS
Duración
6 meses
9 meses
Idade máxima
29 anos
Ata a idade de xubilación
Financiamento
Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%. O importe restante é a cargo da Xunta de Galicia
Fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal
Inscrición no Sistema nacional de garantía xuvenil
É necesario
Non é necesario


Certificados de profesionalidade

Como xa mencionamos anteriormente a formación impartida nos obradoiros de emprego vai dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade. Ditos certificados divídense en familias profesionais e varios niveis de cualificación.


Niveis certificados de profesionalidade

Ademais do certificado de profesionalidade tamén se imparte formación complementaria como pode ser: Alfabetización informática, Sensibilización ambiental, Sensibilización en igualdade de xénero, así como, orientación laboral, formación empresarial e asesoramento. O alumnado/traballador que non teña acadado o título da ESO, será matriculado polo réxime de adultos na modalidade a distancia e recibirá formación específica para optar ao título.



Conclusións

Dende o meu punto de vista, un obradoiro de emprego é unha boa alternativa ao desemprego. Independientemente de cal sexa a especialidade formativa que se imparta no obradoiro, polo xeral sempre acaba sendo un revulsivo para que os participantes retomen os estudos ou se inserten no mercado laboral cunha nova cualificación profesional.

Para as persoas que estean interesadas nos obradoiros comparto o seguinte vídeo:
Resumo obradoiro de emprego

Invítovos tamén a coñecer un pouquiño mais dos obradoiros a través dos seguintes enlaces:
Obradoiros de emprego
Familias profesionais



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Así son eu: Patricia Da Silva Nieto

Presentación personal Francisca Moreno

Las Redes Sociales como Herramienta de Orientación Laboral