Así son eu: Patricia Da Silva Nieto

Ola, son Patricia Da Silva.


Estudei a Licenciatura en Pedagoxía e en Psicopedagoxía e veño adicándome á formación de persoas adultas tanto no ámbito da educación como na orientación laboral. Concretamente traballei como titora e docente de Educación Secundaria de Adultos en diferentes Obradoiros de Emprego de Garantía Xuvenil na localidade de Boiro. Asimesmo, teño impartido cursos de competencias clave e de orientación laboral e igualdade de oportunidades.

Gustaríame seguir formándome neste ámbito e traballar como orientadora laboral nun futuro, por esta razón, decidinme a cursar o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral e desexando aprender moito.

Esta é a miña nube de intereses. Como podedes ver a palabra que destaca sobre as demais é asertividade.


Nunca deixo que acabe o día sean escoitar unha canción que me motive. Aquí vai o vídeo:



Por último, dado o meu interese persoal e profesional no ámbito da igualdade de oportunidades, déixovos o enlace á Escola Virtual de Igualdade (EVI) pois proximamente abrirase a nova convocatoria de cursos gratuitos para poder formarnos neste eido. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Presentación personal Francisca Moreno

Las Redes Sociales como Herramienta de Orientación Laboral