O emprendemento no rural

Esta obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.
A situación laboral no noso mercado laboral, fai que cada día os máis xóvenes emigren cara outras comunidades do territorio español e outros países na procura de unha mellora na súa vida. Según datos do IGE (Instituto Galego de Estatística) cada día emigran entorno a 50 galegos, e tendo en conta que a nosa comunidade autónoma é unha das máis envellecidas do país, xenera que as nosas cidades, e sobre todo o noso rural, encóntrese nunha situación de despoboamento crítico, e a nosa labor como orientadores laborais pode ser de gran importancia para reverter dita situación.
Nota de prensa sobre a emigración galega (Diario “Sermos Galiza")
Como orientadores laborais, debemos optar pola idea do emprendemento, xa que debido a situación económica actual, atoparémonos con moitos casos de traballadores en desemprego, os cales a curto-medio prazo terán unha difícil inserción por conta allea. A opción que trataremos de fomentar, a través deste post, é o emprendemento no rural.
Os nosos pobos, están faltos de xente, e actualmente varios deles están dando facilidades para que xente nova e familias con fillos pequenos acudan a vivir nestes contornos, ofrecendo facilidades como alugueres a prezos baixos, traballo no propio concello incluso axudas económicas para o traslado a nova localidade.
Evidentemente que ter parella e fillos facilita o acceso a estas ofertas, pero os concellos rurais agradecen que novos emprendedores acudan a eles con ideas negocio para fomentar a economía local, e é aquí onde entraría en xogo o emprendemento no rural. Ser emprendedor non é sinxelo, e máis se aínda cabe a dificultade de facelo no rural, pero como beneficios desta nova vida podemos destacar:
- A pouca competencia, nun mercado por abrir. Sendo un tanto orixinal, podemos iniciar unha idea, aínda que sexa importada doutro concello do rural. Nas poboacións pequenas a variedade de negocios tamén é menor, e un negocio diferente sempre chama a atención e ós clientes.
- Pensamento de colectividade dos veciños. O imaxinario do rural tende a buscar apoios na propia comunidade, se o noso veciño precisa dos teus servizos, por norma xeral acudirá o teu negocio e non a competencia do concello veciño. Os nosos clientes poden ser clientes fixos se o noso servizo e as nosas relacións sociais son boas.
- Facilidades de posta en marcha e inicio da actividade. Poderemos acceder a axudas dos propios concellos (locais cedidos ou alugados a baixo prezo, os créditos e subvencións por apertura de negocios no rural, contratos co concello e cos concellos próximos con máis facilidade de acceso por falta de empresas que o soliciten, etc.), así como da administración autonómica ou estatal, que cada vez máis crean créditos, axudas e subvencións para o emprendemento no rural.
- Romper co estrés da cidade. A vantaxe máis lóxica, pero tal vez a máis importante é o cambio de vida. Ben é certo que ir vivir o rural non é sinxelo, xa que temos que modificar tódalas nosas estruturas psicolóxicas e refacer as nosas vidas urbanitas, a un modelo rural. Pero, así como o cambio será forte e drástico, a nosa psique e físico o agradecerán, a quen non lle gusta respirar aire fresco e ter unha vida máis relaxada?.
Pensa que a túa cidade non se vai mover, e se queres lembrar un día o barullo urbano sempre podes facer unha escapada a túa cidade preferida para relaxarte co tráfico e as presas dos seus parroquianos.
Se ata aquí, xa te entrou a curiosidade por emprender no rural, voute dar algunhas ideas de negocio que tal vez te sirvan de axuda, os exemplos que aquí coñecerás son reais e están en funcionamento nalgún concello galego ou doutras comunidades, pero de seguro que toda a fase de creación e a posta en funcionamento, deu unha posibilidade de cambiar de vida e mellorar a súa experiencia laboral os seus creadores:
![]() |
| O límite do emprendemento está onde ti o poñas |
- Rural Talent, se ven é certo que a súa sede social está en Madrid, esta starup é unha incubadora de proxectos en núcleos rurais. O seu fin é frear a despoboación do rural a través de creación de empresas, espazos coworking e proxectos medioambentais.
- Cohousing rural, cada vez máis amigos deciden retirarse laboralmente nunha contorna de espazo rural. A creación de comunidades para vivir a súa xubilación, é un negocio que cada vez está máis en auxe.
- Ecoaldeas, retoman o concepto e a vida dos nosos poboados, a través dun pensamento ecoloxista. Retomar como vivían antes os noso avós e avoas sempre será un éxito.
- Productos ecolóxicos, como a empresa Esponxas Luffa, a cal se dedica ao cultivo e a fabricación de esponxas de orixe vexetal.
- Ocio rural, como a iniciativa Volta Montana, que se adican a organizar rutas de senderismo, rutas en bicicleta, viaxes organizados, etc. en diferentes puntos da nosa terra galega.
Está claro que a idea do emprendemento é un pensamento que de entrada dá vertixe, e máis se o proceso céntrase no rural, por tódalas dificulatades que elo conleva, pero tamén é certo que cando unha destas ideas prospera, a xente que alcanza o éxito nun emprendemento rural o grao de satisfacción é inimaxinable e os beneficios persoais e laborais dos que vai acompañado indescriptibles. Se aínda non te convencín, so che podo dar un consello, fala co teu médico de cabeceira e que che explique os beneficios de respirar aire puro.
Moitas grazas lector pola túa atención ata estas últimas liñas, e moitas grazas as compañeiras do grupo 2 do POLAB19 por permitirme escribir estas liñas no voso Recuncho da Orientación.
Antes de marchar, gustaríame deixarte un video de Antía Vázquez, unha xove da aldea de Escudeiros (Ourense) que nas ponencias de "Parladoiros" dentro da iniciativa Mercado da Cosecha, deu valor ó emprendemento no rural cunha conferencia moi interesante:


Comentarios
Publicar un comentario